Arp240: unha ponte entre galaxias espirais

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Space Telescope; procesado e copyright: Chris Kotsiopoulos
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Space Telescope; procesado e copyright: Chris Kotsiopoulos

Explicación: por que hai unha ponte entre estas dúas galaxias espirais? A ponte, feita de gas e estrelas, fornece unha forte evidencia de que estes dous sistemas estelares inmensos pasaron moi preto un do outro e experimentaron mareas violentas inducidas pola gravitación mutua. Coñecidas xuntas coma Arp 240 pero individualmente coma NGC 5257 e NGC 5258, as simulacións computacionais e as idades dos cúmulos estelares indican que as dúas galaxias completaron un primeiro paso achegado entre elas hai só uns 250 millóns de anos. As mareas gravitacionais non só empurraron materia cara fóra, comprimiron o gas e así provocaron a formación estelar nas dúas galaxias e a estraña ponte. Pénsase que as fusións galácticas son comúns, onde Arp 240 representa unha instantánea dunha breve etapa neste proceso inevitable. A parellaestá a unha distancia duns 300 millóns de anos luz e poden ollarse cun telescopio pequeno cara a constelación de Virgo. Ao final, os encontros achegados repetidos deberían resultar nunha fusión e coa aparición dunha soa galaxia combinada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo