Árbore de lúa azul

Créditos da imaxe e copyright: Eric Houck
Créditos da imaxe e copyright: Eric Houck

Explicación: ocorre un aliñamento coma este só durante unha lúa azul? Non, aínda que foi durante unha lúa azul cando se tirou esta instantánea dun só disparo. Durante unha lúa chea que resultou ser a segunda co mes, a situación que defina unha lúa azul, o fotógrafo creou a xustaposición a finais de xaneiro movéndo rapidamente polo contorno ata atopar o lugar xusto para conseguir a Lúa de fondo superposta por gtras do arco dunha árbore en primeiro plano. Por desgraza, nesta caso semellaba que non había outro xeito que empantanándose na lama e pousando a cámara nun valado con aramio de espiño. O arco do carballo fora creado por vacas famentas de Knight’s Ferry (California, EUA). Poden crearse superposicións Lúa-árbore coma esta durante calquera lúa chea, tendo planificación e tempo abondo. Xurdirá outra oportunidade esta fin de semana, coincidindo ademais con outra lúa azul. Entón, a segunda lúa azul de 2018 ocorrerá, o que significa que por segundo mes este ano haberá dúas lúas cheas nun só mes (N.T.: xogos de palabras en inglés entre lúa, moon, e mes, month; moon-th). Os anos con dúas lúas azuies son relativamente raros, sendo o anterior en 1999 e o vindeiro en 2037.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman