Andrómeda en altas enerxías

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, GSFC, NuSTAR, GALEX
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, GSFC, NuSTAR, GALEX

Explicación: a só 2,5 millóns de anos luz de distancia, a galaxia Andrómeda, tamén coñecida coma M31, realmente é xusto a nosa veciña entre as galaxias grandes. Nesta exploración (no recadro), os datos do Nuclear Spectrosopic Telescope Array da NASA conseguiu a mejor imaxe en raios X de altar enerxías ata o de agora da nosa gran espiral veciña, desvelando unhas 40 fontes extremas de raios X, sistemas de estrelas binarias en raios X que conteñen un burato negro ou unha estrela de neutróns orbitando a unha compañeira estelar máis normal. De feito, Andrómeda, que é máis grande, e a nosa propia Vía Láctea son os membros máis masivos do grupo galáctico local. Andrómeda está abondo preto para que o NuSTAR poida examinar a súa poboación de binarias de raios X polo miúdo, comparándoas coas da nosa. A imaxe de fondo de Andrómeda foi tomada polo Galaxy Evolution Explorer da NASA en potente luz ultravioleta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027