A vista do Curiosity

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS

Explicación: segundo o calendario do planeta Terra, o todoterreo marciano Curiosity chegou ao seu terceiro aniversario sobre a superficie do planeta vermello o 6 de agosto. Para celebralo, contempla esta espectacular imaxe panorámica do variado terreo típico da xornada do todoterreo cara as pendentes estratificadas de Aeolis Mons, tamén coñecida coma monte Sharp. A escena, gravada co instrumento Mast Camera do Curiosity, mira ao sur ao traves de pedregullo, ondas e pelouros cara outeiros redondeados. No fondo, as capas máis altas á esquerda están cara o surleste, co sudoeste á dereita da panorámica. As imaxes individuais que compoñen a vista tiráronse durante os soles (días marcianos) da misión 952 e 953 desde a aterraxe do todoterreo o 6 de agosto de 2012.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo