A Vía Láctea sobre o bosque de Quiver Tree

Créditos da imaxe e copyright: Florian Breuer
Créditos da imaxe e copyright: Florian Breuer

Explicación: en fronte dun famoso fondo de estrelas e galaxias descansan algunhas das árbores máis raras da Terra. Coñecidas como “quiver trees” (literalmente “árbore de alxaba”), realmente son plantas suculentas das áloes que poden medrar ata proporcións parecidas ás dunha árbore. O nome quiver tree deriva do emprego histórico das súas pólas ocas coma alxabas para as frechas. As árbores, que se dan sobre todo na África meridional, aparecen fotografadas na composición superior de 16 exposicións no bosque Quiver Tree ao sur de Namibia. Estímase que algunhas das árbores alxaba máis altas do parque teñen uns 300 anos de idade. Por tras das árbores está a luz procedente da pequena cidde de Keetmanshoop (Namibia). Afastada na distancia, arqueándose ao través do fondo, está a maxestosa banda central da nosa galaxia Vía Láctea. Aínda máis lonxe, visible á esquerda da imaxe, están as Nubes de Magallanes Grande e Pequena, as galaxias satélite máis pequenas da Vía Láctea que destacan nos ceos do hemisferio meridional da Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027