A Trífida infravermella

Créditos da imaxe: J. Rho (SSC/Caltech), JPL-Caltech, NASA
Créditos da imaxe: J. Rho (SSC/Caltech), JPL-Caltech, NASA

Explicación: a nebulosa Trífida, tamén coñecida coma Messier 20, é sinxela de atopar cun telescopio pequeno, unha parada ben coñecida da constelación, rica en nebulosas, de Sagittarius. Pero onde as imaxes de luz visible amosan á nebulosa dividida en tres parte por escuros corredores de po, esta imaxe en penetrantes infravermellos desvela filamentos de nubes brillantes de po e estrelas recén nadas. A espectacular imaxe en cores falsas é cortesía do Telescopio Espacial Spitzer. Os astrónomos empregaron os datos da imaxe en infravermellos para contar as estrelas recén nadas e os embrións que, doutro xeito, poden ficar ocultas no interior das nubes de gas e po natal desta intrigantegardería estelar. Tal e como se ve aquí, a Trífica ten uns 30 anos luz de diámetro e atópase a 5.500 anos luz de distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo