A nebulosa Tiburón

Créditos da imaxe e copyright: Maurice Toet.
Créditos da imaxe e copyright: Maurice Toet.

Explicación: non hai mar terrestre grande abondo para conter a nebulosa Tiburón. Aínda que esta aparición do predador non nos supón ningún perigo, xa que está composta só de gas interestelar e po. O po escuro coma o amosado aquí é dalgún xeito coma o fume dun cigarro e creouse nas atmoseras frías de estrelas xigantes. Despois de ser expulsado con gas e recondensado pola acción da gravidade, as estrelas masivas poden cavar estruturas intrincadas no interior da súa nube natal empregando a súa luz de gran enerxía e os rápidos ventos estelares coma ferramentas de escultura. A calor que xeran evapora a turbia nube molecular ademáis de facer que o gas hidróxeno ambiente se disperse e brille en vermello. Durante a desintegración os humanos podemos gozar imaxinando estas grandes nubes coma iconas comúns, como facemos coas nubes de auga da Terra. A nebulosa Tiburón, includindo as nebulosas de po máis pequenas coma a nebulosa Escura de Lynds 1235 e Van den Bergh 149 & 150, abarca uns 15 anos luz e atópase a uns 650 anos luz de distancia cara a constelación do Rei de Etiopía (Cepheus).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite

Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español