
Explicación: a nebulosa Roseta non é a única nube cósmica de gas e po que evoca a imaxe das flores; pero é a máis famosa. No bordo dunha gran nube molecular en Monoceros, a uns 5.000 anos luz de distancia, os pétalos desta rosa son realmente unha gardería estelar cunha forma encantadora e simétrica que é esculpida polos ventos e a radiación procedente do seu cúmulo central de estrelas novas e quentes. As estrelas do potente cúmulo, catalogado coma NGC 2244, teñen só uns poucos millóns de anos de idade, mentres que a cavidade central da nebulosa Roseta, catalogada coma NGC 2237, ten uns 50 anos luz de diámetro. A nebulosa pode ollarse de primeira man cun telescopio pequeno cara a constelación do Unicornio (Monoceros).
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK











