A nebulosa do Pelícano

Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari
Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari

Explicación: a nebulosa Pelícano está a ser transformada lentamente. IC 5070, a designación oficial, está atravesada desde a máis grande nebulosa Norteamérica por unha nube molecular chea con po escuro. Porén, o Pelícano recibe moita atención porque é unha mestura particularmente activa de formación estelar e nubes de gas en evolución. A imaxe publicada foi producida por tres cores específicas, luz emitida polo xofre, hidróxeno e o osíxeno, que poden axudarnos a comprender mellor esas interacción. A luz procedente das potentes estrelas enerxéticas están a transformar lentamente o gas frío en gas quente, coa fronteira avanzando entre as dúas, coñecida coma unha fronte de ionización, visible en laranxa brillante á dereita. Fican os tentáculos densos de gas frío. Millóns de anos desde agora esta nebulosa podería non ser coñecida máis coma o Pelícano, mentres o equilibrio e ubicación de estrelas e gas ficará seguramente algo que semella completamente diferente.
Repaso anual de astronomía: o editor do APOD dará un relatorio en xaneiro en Philadelphia e na cidade de New York
(e o tradutor ao galego en Ourense, Vigo e outras cidades galegas)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo