A nebulosa do Crecente

Créditos da imaxe e copyright: Michael Miller, Jimmy Walker
Créditos da imaxe e copyright: Michael Miller, Jimmy Walker

Explicación: NGC 6888, tamén coñecida coma a nebulosa do Crecente, é unha burbulla cósmica cuns 25 anos luz de diámetro, inchada polos ventos procedentes da súa estrela central, brillante e masiva. Este definido retrato cósmico emprega datos de banda estreita que aíllan a luz procedente dos átomos de osíxeno e hidróxeno do vento nebular. Os átomos de osíxeno producen a cor azulado-verdosa que semella envolver os pregos e filamentos detallados. No interior da nebulosa pode ollarse a estrela central de NGC 6888, clasificada coma unha estrela Wolf-Rayet (WR 136). A estrela está a sementar a súa envoltura máis exterior cun potente vento estelar, expulsando o equivalente á masa do Sol cada 10.000 anos. Probablemente as complexas estruturas da nebulosa son o resultado deste vento potente que interactúa co material expulsado nunha fase máis temperán. Queimando o combustible a unha velocidade prodixiosa e preto do remate da súa vida estelar, ao final esta estrela debería esgotarse cun estralo nunha espectacular explosión de supernova. NGC 6888, que se atopa dentro da constelación rica en nebulosas de Cygnus, está a uns 5.000 anos luz de distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo