A nebulosa do Cono desde o Hubble

Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA – Procesado e licenza: Judy Schmidt
Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA – Procesado e licenza: Judy Schmidt.

Explicación: as estrelas están a formarse neste xigantesco piar de po chamado nebulosa do Cono. Os conos, os piares e as maxestosas formas fluídas abundan nas garderías estelares onde as nubes natais de gas e po son batidas polos potentes ventos que proceden das estrelas acabadas de nacer. A nebulosa do Cono, un exemplo ben coñecido, atópase dentro de NGC 2264, unha brillante rexión galáctica de formación estelar. O Cono foi captado nun detalle sen precedentes nesta composición en primeiro plano de varias observacións feitas desde o Telescopio Espacial Hubble, en órbita terrestre. Mentres a nebulosa do Cono, a uns 2.500 anos luz de distancia en Monoceros, ten uns 7 anos luz de lonxitude, a rexión fotografada aquí dos arredores da cabeza sen punta do cono teñen só 2,5 anos luz de diámetro. No noso recuncho da galaxia esa distancia é máis ou menos a metade de camiño entre o noso Sol e os seus veciños estelares máis achegados no sistema de estrelas Alpha Centauri. A estrela masiva NGC 2264 IRS, vista pola cámara de infrevermellos do Hubble en 1997, probablemente é a fonte do vento que esculpe a nebulosa Cono, ficando fóra da parte superior da imaxe. O veo avermellado da nebulosa Cono está producido polo gas hidróxeno brillante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así soa unha das estrelas máis espectaculares da Vía Láctea

Un proxecto da NASA converte a luz de RS Puppis en son con fins divulgativos e de accesibilidade para persoas con discapacidade visual

Así son os primeiros momentos tras a explosión dunha supernova

O telescopio Hubble fotografa as primeiras fases dun estoupido estelar que se produciu no universo primitivo

O James Webb captura unha impresionante imaxe da nebulosa da Tarántula

O telescopio da NASA volve sorprender cunha detallada fotografía, capaz de retratar o obxecto cósmico como nunca antes

Hubble vs Webb: así fotografan a espectacular Galaxia Pantasma

Os dous telescopios traballan con diferentes de lonxitude de onda, polo que as súas imaxes se complementan á perfección