A nebulosa Cabeza de Meiga

Créditos da imaxe e copyright: Jeff Signorelli.
Créditos da imaxe e copyright: Jeff Signorelli.

Explicación: “dalle e remexe ben os problemas; dalle lume e que o caldeiro burbulle…” quizais Macbeth debería ter consultado a nebulosa da Cabeza de Meiga. Esta harpía cósmica, unha nebulosa de reflexión, cunha forma suxerente, está a uns 800 anos luz de distancia. A súa faciana arrepiante semella relocir cara a achegada estrela brillante Rigel de Orión, xusto fóra do bordo dereito do cadro. Cun nome máis formal de IC 2118, a nube interestelar de po e gas ten case 70 anos de diámetro, cos seus grans de po reflectindo a luz estelar de Rigel. Neste retrato composto, a cor da nebulosa débese non só a intensa luz azulada senón a que os grans de po esparexen a luz azul de xeito máis eficiente que a vermella. O mesmo proceso físico fai que o ceo terrestre apareza azul durante o día, aínda que os difusores da atmosfera do planeta Terra son as moléculas de nitróxeno e osíxeno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo