A Lúa na sombra da Terra

 

 Créditos da imaxe e copyright: Thodoris Tzalavras
Créditos da imaxe e copyright: Thodoris Tzalavras

Explicación: o 27/28 de setembro, observadores da Lúa desde toda a zona nocturna do planeta gozaron dunha eclipse total lunar. O emocionante e teatral espectáculo foi moi fotografado, pero esta imaxe da eclipse lunar semella un pouco estraña e familiar, feita cunha cámara dun só disparo dunha época antiga. A cámara Speed Graphic, cargada cun papel de película de 4×5 polgadas, fixouse a un trípode na illa de Chipre. Co seu disparador deixado aberto durante 90 minutos, gravou o ronsel da Lúa chea no perixeodesde o comezo da fase parcial da eclipse (no cumio) deica a media totalidade que atopou á Lúa preto do horizonte occidental. A Lúa, ao entrar na sombra da Terra, fíxose máis tenue e o seu ronsel lunar máis estreito mentres a eclipse progresaba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo