
Explicación: algunha vez ollaches a Cruz do Sur? Esta famosa constelación óllase mellor desde o hemisferio sur da Terra. Captada desde Río de Janeiro (Brasil), as catro estrelas brillantes que marcan a Cruz do Sur poden ollarse xusto por riba do horizon naimaxe publicada. Á esquerda desta constelación, tamén coñecida como a Cruz, está a estrela laranxa Gamma Crucis. A franxa de estrelas, po e gas que se ergue ao través do medio da mosaico de imaxes é parte da nosa galaxia Vía Láctea. Xusto á dereita da Cruz do Sur está a escura nebulosa Saco de Carbón e a nebulosa brillante no cumio da imaxe é a nebulosa Carina. A Cruz do Sur é unha constelación tan famosa que está representada na bandeira nacional de Australia.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












