Expectación ante un anuncio “revolucionario” sobre o buraco negro do centro da Vía Láctea

Un equipo do Event Horizon Telescope, o primeiro en mostrar unha imaxe deste tipo de obxectos en 2019, presentará hoxe os resultados sobre Saxitario A*

Quedan tan só unhas horas e a expectación é máxima. O Observatorio Europeo Austral (ESO) e o equipo do Event Horizon Telescope (EHT), un conxunto de oito radiotelescopios situados en Europa, América e a Antártida, descubriu “información sen precedentes” sobre o buraco negro do centro da nosa galaxia, a Vía Láctea, e hoxe anunciará uns “resultados revolucionarios”. A presentación internacional, con varias roldas de prensa simultáneas en todo o mundo, poderase seguir en directo dende a canle de Youtube do CSIC.

O equipo que anunciará os resultados é o mesmo que conseguiu un fito histórico en 2019 ao lograr a primeira fotografía dun buraco negro. O obxecto retratado está situado no centro de Messier 87, una galaxia do cúmulo de Virgo, e que está a uns 55 millóns de anos luz da Terra e ten unha masa de 6,5 millóns de veces a do Sol.

Publicidade

A ciencia supera unha nova fronteira: a primeira imaxe dun buraco negro

O protagonista de hoxe será Saxitario A*, o buraco negro situado no centro da Vía Láctea. Trátase dunha masa equivalente a máis de catro millóns de soles e está situado a 26.000 anos luz de distancia da Terra. Hai medios, como o portal de noticias ScienceAlert, que barallan a posibilidade de que os resultados revolucionarios, que se desvelarán hoxe ás 15,00 horas, poidan tratarse da primeira fotografía de Saxitario A*. “Sen dúbida, sería algo innovador”, apuntan dende o portal. Haberá que esperar tan só unhas horas máis para descubrir o que, probablemente, sexa un novo fito que pase a formar parte da historia da ciencia.

Que son os buracos negros?

Os buracos negros son obxectos cósmicos que albergan unhas masas enormes en tamaños moi compactos. As súas características afectan á súa contorna dunha forma extrema, chegando a deformar o espazo-tempo e levando a calquera material circundante a temperaturas elevadísimas.

Publicidade

Segundo a información recollida en ScienceAlert, son extremadamente difíciles de visualizar porque son practicamente invisibles e absorben toda a radiación electromagnética. Todo o que se pode esperar é ver o seu “horizonte de eventos”. É dicir, a súa contorna, que representa o lugar onde a luz xa non pode escapar das forzas gravitatorias do buraco negro.

Raquel Fraga, a galega que axudou a capturar o buraco negro


Poder seguir a rolda de prensa en directo na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes