‘Nos tellados’: o documental sobre as gaivotas criando na cidade

Para moitos, as cidades son o último lugar onde procurar comportamentos espectaculares da fauna salvaxe. Para outros, son un hábitat onde, sabendo axexar e sendo paciente, se pode observar escenas de grande valor biolóxico.

Foto: Álex Alonso. BEC.
Foto: Álex Alonso. BEC.

En Ecoloxía Azul diriximos e producimos unha curta documentar que agora presentamos. Nel amósase o comportamento íntimo dunha parella de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) criando a súa prole nos tellados dunha cidade de Galicia, Pontevedra.

Publicidade

Mediante cámaras subxectivas en diferentes ángulos desvelamos o ritual reproductivo da parella, a eclosión dos ovos, a alimentación e o medre das crías ata o seu primeiro voo. Todo isto nun ambiente completamente urbano, porén alonxado das olladas humanas. A seguir deixámosvos a curta “Nos Tellados“:

Créditos:
-Idea e Imaxe - Gonzalo Mucientes
-Realización - Jaime Olmedo
-Música - Longest Year (Scott Holmes)
-Produción - Ecoloxía Azul

Ecoloxía azul

1 comentario

  1. Fermoso documental. Por si vos interesa documentalo, en Santiago, no polígono das Fontiñas, tamén cría unha parella coido que da mesma especie, desde hai 3 anos. O tellado onde crían non parece tan a xeito como ese de Pontevedra, pois ten forte inclinación. Como dende a miña posición de observador, un 4º piso do edificio de enfrente, non podo ver o seu niño (queda na pendente contraria do tellado), sospeito que o teñen nalgunha estrutura da base de antea parabólica, moi próxima ao cumio. O que si vexo son os vaivens da parella proxenitora desde o mes de abril (o resto do ano non aparecen por aquí), o ir e vir das crías polo tellado e os seus primeiros voos. Tamén se aprecia que na zona próxima ao “non visto” niño, medra de forma sobresaliente con respecto ao resto do tellado, a vexetación herbacea sobre as tellas, pondo de relevo iso da “sucesión ecolóxica primaria”.
    Saúdos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Viaxar no tempo

As últimas escavacións en Santa Clara sacan á luz un tesouro arqueolóxico. Por Laura Filloy