O cráter marciano Intrépido

Créditos da imaxe: NASA, JPL, Cornell, Opportunity Rover Team,
Créditos da imaxe: NASA, JPL, Cornell, Opportunity Rover Team,
Créditos da imaxe: NASA, JPL, Cornell, Opportunity Rover Team,

Explicación: o todoterreo automático Opportunity ás veces pasa por pequenos cráteres marciano. Nesta fotografía de 2010 está o cráter Intrépido, unha baía de impacto de 20 metros de diámetro lixeiramente maior có cráter Nereus que o Opportunity atravesara previamente de casualidade. A imaxe publicada está máis ou menos en cor verdadeira pero comprimida horizontalmente para axustala a unha panorámica en gran angular. O cráter Intrépido recibiu o nome polo módulo lunar Intrepid que levou aos astronautas do Apollo 12 á Lúa hai 49 anos. Máis alá do cráter Intrépido e pasadas as pezas de enferruxado deserto marciano están os cumios do bordo do gran cráter Endeavour, visible no horizonte. O todoterreo Opportunity segue a explorar Marte, superando recentemente os 5.000 días marcianos sobre o planeta vermello.

N. T.: esta entrada estaba programada para o 25/3/18 pola NASA pero a última hora a cambiaro por outra, pero pasounos desapercibido o cambio e nós puxémola daquela. Así que toca repetila hoxe, que no APOD a publican de novo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.