Venres 26 Abril 2024

O cometa, o moucho e malia galaxia

Créditos da imaxe e copyright: Bob Franke
Créditos da imaxe e copyright: Bob Franke

Explicación: o cometa C/2014 S2 (PanSTARRS) posa nun momento Messier nesta instantánea telescópica do 20 de abril. De feito, comparte o amplo campo de vista de 1,5 graos con dúas entradas ben coñecidas do famoso catálogo do astrónomo cazador de cometas do seculo XVIII. De camiño ao exterior e cruzando os ceos setentrionais xusto por riba do Setestrelo, o cada vez máis tenue visitante do Sistema Solar interior estaba a uns 18 minutos luz do noso fermoso planeta. A poeirenta galaxia espiral de canto Messier 108 (arriba á dereita) está a máis de 45 millóns de anos luz de distancia. Unha nebulosa planetaria cunha anciana pero moi quente estrela central, a solemne Messier 97 está a só uns 12 milleiros de anos luz de distancia, aínda ben no interior da nosa propia galaxia Vía Láctea. Os astrónomos agardan que a órbita deste cometa PanSTARRS o faga voltar ao interior do Sistema Solar ao redor do ano 4226.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón