Venres 26 Abril 2024

O adeus da Rosetta

Créditos da imaxe e copyright: ESA, Rosetta, MPS, OSIRIS; UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA
Créditos da imaxe e copyright: ESA, Rosetta, MPS, OSIRIS; UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA

Explicación: tras seguir de preto ao cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko durante 786 días mentres daba a volta ao Sol, o impacto controlado da nave espacial Rosetta coa superficie do cometa foi confirmada pola perda do sinal da nave o 30 de setembro de 2016. Esta fotografía de alta resolución, unha das imaxes tiradas durante o seu descenso, amosa a inhóspita paisaxe do cometa. A escena abarca uns 600 metros, captada cando a Rosetta esta a uns 16 quilómetros da superficie do cometa. O descenso da Rosetta supuxo o final da fase operativa dunha misión inspiradora da exploración espacial. A liberou un aterrador na superficie dun dos mundos máis primixenios do Sistema Solar e testemuñou de primeira man como un cometa cambia cando sofre a intensidade en aumento da radiación do Sol. A decisión de rematar a misión sobre a superficie é o resultado da órbita do cometa que agora o leva máis alá de Xúpiter onde carecería da enerxía para operar a nave espacial. Os operadores da misión tamén afrontaban un periodo próximo onde o Sol estarái moi próximo á liña de visión entre a Terra e Rosetta, facendo as comunicacións por radio cada vez máis difíciles.

VOLVE AstroGalicia16: a festa galega das estrelas. Do 7 ao 9 de outubro en Castrelo de Miño.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón