Explicación: tal e como se planificara, a sonda espacial Cassini chocou contra a atmosfera superior de Saturno o 15 de setembro, despois unha longa exploración de 13 anos do sistema saturniano. Cos motores da nave espacial acendidos ata o final, a súa entrada atmosférica seguiu unha serie sen precedentes de 22 mergullos no Gran Final, entre Saturno e os aneis. Ao sinal derradeiro da Cassini levoulle 83 minutos chegar ao planeta Terra e ao compleco de antenas Deep Space Network de Camberra (Australia), onde a perda de contacto coa nave se rexistrou ás 11:55 TU. Para a sonda espacial, Saturno brillaba e o Sol estaba por riba mentres afondaba nas nubes xiratorias superiores do xigante gasoso a uns 113 000 quilómetros por hora. Pero o gran final da Cassini amosa o lugar de impacto horas antes e aínda na parte nocturna do planeta, coas nubes alumeadas na parte superior polo brillo dos aneis, a luz solar que reflectían estes.