O grupo de manchas solares AR 2129 estala

Créditos da imaxe: Solar Dynamics Observatory, NASA
Explicación: un dos grupos de manchas solares máis grandes dos anos recentes está agora a cruzar o Sol. A etiquetada Rexión Activa 2192 xa ceibou unha potente labarada solar e ten o potencial de producir máis. O vídeo publicado amosa unha secuencia do Sol en luz visible e ultravioleta tomada onte e incorporada ás anteriores 48 horas. AR 2192, rotando desde a esquerda, rivaliza con Xúpiter en tamaño e literalmente está a estralar en enerxía magnética. O activo Sol provocou algunhas auroras espectaculares en días recentes e as partículas enerxéticas orixinadas desde AR 2192 poden axudar a que continúen a semana vindeira. Mañá, o Sol aparecerá estraño aínda máis por outra razón: unha eclipse parcial de Sol será visible antes do solpor desde gran parte de Norteamérica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural