Sábado 27 Abril 2024

AR 2192: un xigante sobre o Sol

Manchas solares
Créditos da imaxe e copyright: Randall Shivak e Alan Friedman (Averted Imagination).

Explicación: mentres ollabas (con seguridade!) o avance da eclipse parcial solar de onte, probablemente tamén miraches un grupo xigante de manchas solares. O complexo AR 2192, capturado nesta definida imaxe telescópica do 22 de outubro, é fermoso de ver, unha rexión solar activa espallada comparable en tamaño co diámetro de Xúpiter. Coma outros grupos de manchas solares máis pequenos, AR 2192 está agora a cruzar a faciana do Sol que mira á Terra e semella escura en luz visible porque é máis frío cá superficie que a arrodea. Ademais, a enerxía almacenada nos retortos eidos magnéticos da rexión é enorme e xa xerou potentes explosións, incluíndo dúas labaradas solares de tipo X esta semana. As execcións de masa coronal (CMEs) asociadas coas labaradas non afectaron ao planeta Terra, ata o de agora. A predición de máis actividade proveniente de AR 2192 aínda é significativa, mentres abala polo centro do disco solar as CMEs dirixidas cara a Terra seguen a ser posibles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito