O estudo dos EUA relacionaba antiácidos con falla de vitamina B 12.

O estudo dos EUA relacionaba antiácidos con falla de vitamina B 12.

Santiago cuestiona a polémica polos efectos secundarios dos antiácidos

O seu artigo cuestiona un impactante estudo que relacionaba antiácidos con falla de B-12 e fatiga, anemia e mesmo demencia

Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela pon en dúbida a validez do estudo que relaciona o consumo de antiácidos e a falta de vitamina B12. A revista médica de maior difusión mundial JAMA publicou hai 4 meses un artigo do Kaiser Permanente de Oakland (Northern California), entidade dependente do sistema sanitario dos Estados Unidos de América, no que se aseguraba que o consumo prolongado de inhibidores da bomba de protóns e antagonistas do receptor H2, pode causar deficiencia da vitamina B12. As conclusións deste estudo tiveron unha gran repercusión mundial, por unha banda porque o consumo deste tipo de fármacos é moi común na sociedade empregados para tratar numerosas doenzas gastrointestinais e por outra pola gravidade das doenzas asociadas á falta de vitamina B12, como fatiga, anemia, debilidade muscular e incluso demencia.

O grupo da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Facultade de Medicina detectou importantes deficiencias metodolóxicas no devandito estudo polo que remitiron unha carta ao editor coas limitacións atopadas. Cristian González é o autor principal do artigo de réplica que a revista editou e no que se recollen estas deficiencias. Consisten principalmente en que o estudo non rexistra nin a cantidade nin a constancia da dose recibida e non ten en conta o consumo sen prescrición médica, que no caso destes medicamentos pode ser de ata un 80% do total.

Debido a estas carencias, o equipo da USC pon en cuestión a validez das conclusións e considera que sería necesario realizar posteriores estudos máis rigorosos que permitan dilucidar a presenza ou ausencia de asociación entre o consumo destes medicamentos e a deficiencia de vitamina B12.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.