Martes 19 Marzo 2024

Dous lugares de Galicia, entre os 100 mellores destinos ‘verdes’ do mundo

Cada ano, a organización Green Destinations publica a súa lista mundial de destinos turísticos sostibles. E, de entre 100 lugares de todo o planeta Terra, dous están en Galicia. Mesmo poderíamos disfrutar deles sen saír da ría de Vigo. Porque Baiona e o Parque Nacional das Illas Atlánticas están nesta listaxe, que valora destinos ‘verdes’ que teñan baixo impacto sobre o medio ambiente e a cultura local, e contribúan a xerar recursos e emprego para a poboación local.

As Illas Atlánticas están na lista dun xeito que resulta obvio, mentres que a inclusión de Baiona semella máis sorprendente. Green Destinations estuda destinos turísticos en todo o mundo, e tamén acepta a presentación de candidaturas. Posteriormente, 30 avaliadores traballan en cinco paneis, dirixidos por outros tantos profesionais internacionais destacados en economía, turismo ou medio ambiente. O resultado final é unha listaxe de 100 localizacións en todo o mundo, que se publican cada setembro, coincidindo con Día Internacional do Turismo Verde.

Publicidade

Xunto cos destinos galegos de Baiona e Illas Atlánticas, Green Destinations recoñece tamén outros dous puntos en España: Noja, en Cantabria, e as Terres de l´Ebre, en Tarragona. Asimismo, o veciño Parque Nacional da Peneda-Géres, en Portugal e fronteirizo con Galicia, está tamén incluido na lista. Este é o primeiro verán para esta listaxe, que se renovará no mes de setembro.

Nos 100 mellores destinos do mundo atopamos lugares como as illas Svalbard (Noruega), Sintra (Portugal), el Parque Nacional Makgadikgadi (Botswana), as cataratas do Niágara (EUA) ou o Cabo de Hornos (Chile).

Aquí podes consultar a listaxe mundial de destinos verdes

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Parque Nacional das Illas Atlánticas repite este verán como destino turístico ‘Starlight’

A programación inclúe intervencións diúrnas e nocturnas que buscan introducir aos visitantes na exploración de estrelas, meteoritos e outros corpos celestes

Praia do Castelo, a importancia da conservación

Dende este pequeno espazo desfrutaremos dunhas impoñentes vistas dos illotes que conforman todo o arquipélago

Faro de Ons, a torre que salvou vidas

Está situado a 128 metros sobre o nivel do mar e data do ano 1926

Alto do Príncipe, unha paisaxe chea de contrastres

Localizado no punto máis alto da illa de Monteagudo, as duras condicións ambientais deron lugar a curiosas formacións xeolóxicas