Venres 26 Abril 2024

A Academia de Medicina premia un traballo de radiocirurxía do hospital de Santiago

A Real Academia de Medicina de Galicia recoñeceu co Premio á Investigación Científica 2017 a un traballo multidisciplinar de radiocirurxía realizado por profesionais da xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

O traballo, que leva por título Tratamento Radiocirúrxico dos Schwannomas do Nervio Vestibular. Evolución Clínica e Radiolóxica, é produto dun estudo de 98 pacientes diagnosticados con este tipo de tumor benigno no nervio vestibular (situado no interior do oído), e que foron tratados no CHUS mediante radiocirurxía. Os profesionais conseguiron controlar o volume tumoral en máis do 90% dos casos, sen ter que operar, ata o momento, a ningún paciente por reaccións adversas.

Publicidade

Á vista dos resultados obtidos, consideramos que a radiocirurxía é unha técnica terapéutica de primeira opción para o tratamento dos schwannomas vestibulares ao conseguirse un control do volume tumoral moi alto cun baixo índice de complicacións”, sinala Eduardo Arán, do servizo de Neurocirurxía do CHUS.

Os autores do traballo conseguiron controlar o volume do tumor en máis do 90% dos casos

A técnica da radiocirurxía consiste na aplicación dunha dunha dose de radiación alta e única nun volume tumoral pequeno. No Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela empezáronse a tratar pacientes ano 2004 con diferentes patoloxías mediante esta técnica. A Unidade de Radiocirurxía está composta por Oncoloxía radioterápica, Neurocirurxía, Radioloxía e Radiofísica.

Amais de Eduardo Arán Echabe, do servizo de Neurocirurxía, asinan o traballo Luis Cascallar Caneda, Ana María Varela Pazos e Paula María Peleteiro Higuero, de Oncoloxía radioterápica; Francisco Gude Sampedro, da Unidade de Epidemioloxía e investigación clínica; e Fernando Vázquez Herrero, Neurorradioloxía e Miguel Blanco Ulla, Neurorradioloxía.

O acto de entrega do galardón, financiado pola Fundación Centro Oncolóxico de Galicia “José Quiroga y Piñeyro” con 6.000 euros, terá lugar este venres 24 de xaneiro ás 19,30 horas na sede da Academia de Medicina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificado o risco de miocardiopatía dilatada nos portadores xenéticos

O estudo liderado polo investigador Pablo García-Pavía analiza as posibilidades de herdanza da enfermidade en familiares

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Un neno maltratado ten tres veces máis risco de desenvolver unha adicción de adulto

O estudo dunha investigadora da Universidade de Queensland analiza as consecuencias do maltrato infantil a longo prazo