Venres 26 Abril 2024

Cara a un fármaco contra a dor crónica

O grupo BioFarma da Universidade de Santiago (USC) e o grupo químico Esteve impulsan unha Unidade Mixta que traballará no desenvolvemento de novos fármacos para o tratamento da dor crónica, logo de ter recibido o apoio da Axencia Galega de Innovación que recoñece a excelencia da proposta e achega o 30% do financiamento deste proxecto.

Cun horizonte de tres anos e un orzamento inicial de tres millóns de euros, a Unidade Mixta espera acurtar os prazos na obtención de resultados e abrir as portas á comercialización dunha nova xeración de medicamentos analxésicos máis eficaces, seguros e que abarquen máis tipos de dor que os actuais. Os promotores da Unidade tamén agardan un impacto económico e sanitario elevados coa creación de emprego de alta cualificación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías preditiva.

Publicidade

O equipo conta cun orzamento de tres millóns de euros para comercializar unha nova xeración de medicamentos

A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que a dor é un dos motivos de consulta máis frecuente (22%) en atención primaria en Europea, América, Asia e África. Ademais, a International Association on the Study of Pain (IASP) e a European Federation of the IASP Chapters (EFIC) destacan que, aínda que a dor aguda se considere un síntoma de enfermidade ou lesión, a dor crónica e recorrente constitúe especificamente unha enfermidade ou síndrome. Así, está considerado un dos grandes problemas actuais da saúde pública, tanto pola súa prevalencia mundial como polos custes económicos, sociais ou psicolóxicos que conleva.

O traballo da nova Unidade centrarase no desenvolvemento de novos ensaios experimentais en dianas innovadoras para o tratamento da dor, na identificación de compostos activos nestas dianas e na avaliación de fármacos en relación coas dianas propostas e antidianas. Ademais vai traballar na caracterización de compostos mediante estudos funcionais en sistemas celulares, realizarán estudos de farmacocinética preliminar in vitro e in vivo e executarán estudos de seguridade preliminar.

biofarma edificio CIMUS
Sede de BioFarma.

BioFarma e Esteve colaboran dende o ano 2004 na execución de programas de descubrimento de fármacos e participaron como socios en proxectos de alcance internacional. Baixo a dirección da profesora Mabel Loza, o grupo BioFarma achega ao proxecto a súa experiencia investigadora no desenvolvemento de ensaios in vitro en fases temperás do descubrimento de fármacos, con máis de quince anos de experiencia e un cadro de investigadores/as especializado. Pola súa banda, Esteve achegará persoal e coñecementos para ensaios in vivo, xunto co deseño e síntese de novos compostos químicos.

Emprazado no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) e considerado un referente internacional no seu ámbito, o grupo de Mabel Loza está especializado en investigación aplicada ao descubrimento temperá de fármacos en colaboración coa industria farmacéutica e biotecnolóxica. Esteve é unha empresa farmacéutica española líder no sector, cun volume de ventas de 818 millóns de euros en 2013 e unha inversión en I+D+i de 60 millóns de euros nese mesmo ano.

O proxecto adecúase aos obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) que integra outras sete iniciativas impulsadas polo goberno autonómico nas que participan centros tecnolóxicos e universidades galegas asociadas con empresas multinacionais como PSA Peugeot Citröen, Repsol, Gas Natural Fenosa e Everis Spain.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores galegos participan nun ensaio para un fármaco oral contra a covid

O equipo analizou a eficacia e seguridade do medicamento para doentes ambulatorios da enfermidade

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

Dor neuropática: un problema sen solución?

Un repaso polas posibles causas e remedios

Mabel Loza: “Perdendo a muller, perdemos o 50% do valor que pode ter un proxecto”

A investigadora reflexiona sobre o papel da educación e a importancia dos referentes para acadar a igualdade no ciclo de charlas "Ciencia en Feminino"