O DustCube da UVigo tomará datos da colisión da nave DART contra o asteroide.

O DustCube da UVigo tomaría datos da colisión da nave DART contra o asteroide.

Tecnoloxía viguesa para desviar asteroides

Profesores da Uvigo colaboran coa NASA e a Axencia Espacial Europea nun satélite previsto para 2020

María Ruiz-Falcó e Cora Diz / Universidade de Vigo


A Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, coordinada polo profesor Fernando Aguado, vai formar parte do primeiro programa sobre defensa espacial da ESA: AIDA. Trátase dunha misión conxunta entre NASA e a Axencia Espacial Europea para o desvío dun asteroide mediante o impacto dunha nave construida polo goberno de EEUU.

O obxecto da misión é poñer a proba técnicas de desviación dun asteroide e ao mesmo tempo investigar dito planetoide, para contar con un protocolo de defensa espacial ante posibles casos de impacto no futuro. O corpo escollido para o estudo chámase Didymos e trátase dun asteroide binario cun corpo espacial principal de 1.5 km de diámetro e outro que orbita en torno a él, a modo de lúa, de 10 m de diámetro.

Nesta misión de nivel internacional a Universidade de Vigo traballará no proxecto DustCube. Nel desenvolverá un nanosatélite que se situará a unha distancia de entre dous e catro quilómetros do asteroide Didymos e que se encargará de analizar os fragmentos de po e rochas que se desprendan trala colisión e a composición mineral de ditos fragmentos. O programa AIM ten previsto o lanzamento do satélite en outubro de 2020.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.