Os alumnos do colexio San Benito de Lérez, cos seus experimentos. Foto: Anxo Iglesias.

Os alumnos do colexio San Benito de Lérez, cos seus experimentos. Foto: Anxo Iglesias.

A curiosidade dos alumnos de Lérez convertida en experimentos

A feira Pontenciencia esperta a vea científica dos nenos de 6º de Primaria

Cales son as leis de Newton? Que líquidos teñen azucre? Canta carga eléctrica ten un limón? Estas son as tres preguntas que os alumnos de 6º de Primaria do colexio San Benito de Lérez, en Pontevedra, se fixeron para os seus experimentos da feira Pontenciencia, organizada polo Concello de Pontevedra xunto á Uvigo e á FECYT.

Os alumnos, para poder desenvolver estes proxectos, o primeiro que fixeron foi documentarse. “Expliqueilles en que consistía a feira da miniciencia, acudiron a diferentes fontes e decidíronse por estas investigacións”, explica o seu profesor de Ciencias Naturais, José María Tuda Poza. O obxectivo é achegarlles a ciencia a través de experimentos, prácticas e erros, para que “atopen as súas propias conclusións cun traballo en equipo”.

Tras unha difícil elección dos temas, os estudantes dividíronse en tres grupos. Un dedicouse á “mestura de líquidos” para comprobar se determinados fluídos contiñan sustancias azucradas -como caramelos ou gominolas- e demostrar que o azucre é malo para a nosa saúde. Outros elixiron como tema a “disolución de carga eléctrica a través dun limón”. Querían averiguar se é posible facer fogo con dous cables, un amperímetro e diferentes cítricos, incluso con patacas. O terceiro grupo traballou coas leis de Newton no seu proxecto “fluído Newtoniano”.

O obxectivo destes experimentos é que “os nenos se acheguen a estas experiencias científicas, que tomen conciencia de que a ciencia é útil e de que todo ten un porqué”, explica o profesor. Estes proxectos espertan paixóns entre todos os alumnos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.