Venres 26 Abril 2024

Premio para unha Erasmus de Enxeñaría da UVigo en Alemaña

Eva Castro Rodiño, estudante da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, goza este ano dunha estadía Erasmus en Saarbrücken (Alemaña). Alí vén de recibir o primeiro premio da International Project Week, celebrada na Universidade de Saxion, en Enschede (Países Baixos), como integrante dun equipo internacional de estudantes. “Este premio supón para min unha motivación máis para seguir traballando nun futuro con xente de diferentes culturas, xa que neste tipo de equipos de traballo cada quen ten unha visión moi distinta e os resultados que se acadan acostuman ser bos”, sinala a estudante galega, que ten previsto realizar o Traballo de Fin de Grao no país xermano.

“Unha das materias que teño aquí consiste en facer un proxecto en Enschede durante unha semana con xente de diferentes nacionalidades”, subliña desde Alemaña Eva, ao tempo que explica que o seu equipo foi o encargado de crear un espazo web cos contidos académicos do proxecto Solar Team, unha iniciativa dirixida a alumnos e alumnas brillantes de entre 12 e 14 anos e que “xira entorno á realización dunha carreira que se celebra en Australia na que os coches funcionan con enerxía solar e na que as mozas e mozos, principais destinatarios do noso espazo web, son os que se encargan tanto da fabricación como da condución destes automóbiles, polo que a formación previa que reciben ten grande importancia, incluída a web do proxecto”.

Publicidade

Xunto a Castro Rodiño, completaron o equipo gañador os estudantes Niels Brockötter, Marijn Cate, Tom ten Kaal, Tom Kreeftenberg, Stefan Lütke-Bitter e Paul Revenberg. En total participaron na denominada Semana Internacional do Proxecto máis de 1200 estudantes de diferentes nacionalidades e con diferentes perfís académicos. O obxectivo é lanzar proxectos innovadores froito do traballo conxunto no que cada estudante tente aplicar de forma exitosa os últimos avances das disciplinas que estudan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estudantes da UVigo, finalistas nun proxecto da Axencia Espacial Europea

O proxecto Caminito propón utilizar a constelación de satélites Copernicus para mellorar a xestión e coidado do Camiño de Santiago

Alumnado da UVigo constrúe o seu propio barco solar

A asociación CES-UVigo, composta por estudantes de enxeñaría, prepara un trimarán autónomo de seis metros de lonxitude

Alemaña prepara un estudo a gran escala para coñecer a inmunidade da poboación

Os expertos en epidemioloxía que asesoran ao goberno traballan nunha mostraxe a 100.000 persoas para axudar na toma de decisións a medio e longo prazo

Xa podes probar o videoxogo que percorre a Pontevedra medieval

"Ponte veteri", creado por estudantes da UVigo para conmemorar o 850 aniversario do foro da cidade, xa se pode descargar na Play Store