campus crea

Pontevedra presenta o proxecto do seu Campus Crea

Sen innovación non hai progreso e sen creatividade non hai innovación. Con estas verbas podería resumirse a filosofía de CREA S2i (Social & Sustainable Innovation), o proxecto de especialización do campus pontevedrés, da Universidade de Vigo, que na noite do xoves celebrou a súa presentación en sociedade. O proxecto que integra baixo unha mesma identidade todas as áreas de coñecemento que coexisten no campus emprende, como sinalou o reitor, Salustiano Mato, “un camiño de futuro” co propósito de dotar a Pontevedra e a súa comarca “dun nome de referencia que levar polo mundo adiante”. Para logralo, a comunidade universitaria traballará para construír no campus “un ecosistema de innovación” en torno ás ideas “do territorio e da cidadanía e do medio natural e do benestar”, eixos dun labor investigador que conecte as diferentes áreas e que sirva “para xerar novas ventás de oportunidade para toda a comunidade”, como salientou o reitor.

O proxecto de especialización articulado arredor das áreas estratéxicas da arte, comunicación e creatividade; educación, innovación social e xestión pública; deporte, saúde e benestar, e medio ambiente e natureza, e que engade ao seu nome o termo S2i ao apostar pola innovación social e sustentable, celebrou nesta xornada no Auditorio Afundación a súa posta de longo. Fíxoo nun acto conducido pola presentadora Marga Pazos, premio á mellor comunicadora nos Mestre Mateo deste ano e egresada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no que a comunidade universitaria se viu arroupada por representantes institucionais e do tecido social, empresarial e asociativo da cidade. Entre eles, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; ou a alcaldesa en funcións, Carmen Da Silva.

Máis información no seguinte enlace:

CREA S2i, creatividade e a innovación para poñer a Pontevedra no mapa

O campus pontevedrés celebrou a presentación en sociedade do seu proxecto de especialización Traballarase no impulso dun “ecosistema” de investigación arredor de territorio, cidadanía, medio natural e benestar Sen innovación non hai progreso e sen creatividade non hai innovación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.