Imaxe gañadora da pasada edición. "A maxia dos elementos", de María Jesús Varela Pulpeiro. Foto: USC.

Imaxe gañadora da pasada edición. "A maxia dos elementos", de María Jesús Varela Pulpeiro. Foto: USC.

Última semana para participar no concurso fotográfico “A Ciencia en Imaxe”

USC e RAGC organizan un certame que reparte 500 euros en premios, e cuxo prazo pecha o venres 10 de novembro

O venres 10 remata o prazo para participar na cuarta edición do concurso de fotografía ‘A Ciencia en imaxe’ que organizan as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da USC xunto coa Real Academia Galega de Ciencias con motivo da celebración da festividade de San Alberte Magno. O concurso está aberto a calquera persoa pertencente á comunidade universitaria da USC que poderá participar con calquera tema relacionado coas ciencias, a investigación e a divulgación científica.

Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres imaxes dixitalizadas e realizadas con calquera equipo, profesional ou afeccionado, incluído o teléfono móbil. A fotografía enviada debe ser orixinal, inédita (non publicada en calquera medio de comunicación, incluídos os dixitais) e non presentada previamente a concursos. A imaxe virá nun ficheiro, acompañado dun título e un breve comentario ou reflexión do autor de entre 5 e 10 liñas que se incluirán na folla de rexistro. Deberá estar en formato ‘jpg’ e ter un tamaño mínimo de 2 MB (a organización recomenda un tamaño máximo de 5 MB). Ningún dos ficheiros enviados debe ter un nome que poida identificar ao participante.

O xurado estará composto por un membro de cada centro organizador, unha representación da Real Academia Galega de Ciencias e unha persoa experta en fotografía. Tamén o integrarán con voz pero sen voto o decano da Facultade de Física, como centro organizador este ano da festividade do patrón, e o secretario deste centro. O xurado decidirá por maioría as fotografías premiadas segundos os criterios de orixinalidade, estética e adecuación ao tema proposto, incluíndo tamén consideracións relativas á conciencia social e á capacidade crítica e comunicativa expresada.

A contía dos premios será de 300 euros para a imaxe gañadora e de 100 euros para as seleccionadas en 2º e 3º lugar. O xurado resérvase o dereito de asignar ata tres mencións de honra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.