.

.

Compostela acolle un congreso sobre astronomía e cultura do 18 ao 22 de setembro

Santiago de Compostela acollerá do 18 ao 22 de setembro o congreso internacional “Road to the stars” (Camiño ás estrelas, no que participarán un cento de investigadores sobre astronomía na cultura. Nestas xornadas, debatirase sobre a visión do ceo nas distintas culturas e sociedades desde a Prehistoria á actualidade.
O congreso está promovido polo CSIC, a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio, pola Universidade de Santiago de Compostela a través do departamento de Historia, e polo Instituto de Astrofísica de Canarias. Conta coa colaboración e o patrocinio da Sociedade Europea de Astronomía na Cultura, a Sociedade Internacional de Arqueoastronomía e Astronomía na Cultura e as reunións “Inspiration of Astronomical Phaenomena”.

Por unha banda, as actividades desenvolveranse a través de conferencias impartidas, entre outros, por Juan Antonio Belmonte (IAC), Clive Ruggles (Universidade de Leicester, Reino Unido), Giulio Magli (Politécnico de Milán, Italia) e Stephen McCluskey (Universidade de Virginia Occidental, EE.UU) e coa presentación de preto de 120 comunicacións orais e pósteres sobre resultados de investigacións acerca da temática: desde a astronomía megalítica á influencia do ceo na arte contemporánea, pasando por Exipto, Mesopotamia, os Incas, a illa de Pascua ou o ceo ao redor da Catedral de Santiago. Estas sesións, que terán lugar no Centro de Estudos Avanzados, divídense en número de bloques temáticos: Paisaxe e ceo, Astronomías antigas, Antropoloxía do ceo, De Roma a Santiago, Educación e patrimonio, A inspiración do ceo e Métodos.

Por outra banda, a organización preparou un programa lúdico con actividades abertas ao público xeral que inclúe a inauguración da exposición “Road to the Stars” no claustro de Fonseca, unha sesión das denominadas Nerd Nite e unha observación astronómica na Cidade da Cultura.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.