Venres 3 Maio 2024

Atopan a tumba de Ulf ‘O Galego’, o caudillo viquingo que arrasou Galicia

Un arqueólogo atopou unha tumba capital na cultura escandinava. E tamén moi relacionada con Galicia. Porque os achados realizados no interior dunha tumba viquinga, entre eles unha espada e os aparellos dun cabalo, casan perfectamente con Ulf ‘O Galego’ (Ulv Galiciefarer), o xefe viquingo famoso polos seus ataques a territorios galegos de 1028 a 1048.

Lugar onde se atopa a tumba de Ulf O Galego
Lugar onde se atopa a tumba de Ulf O Galego

A revista National Geographic publica que o arqueólogo danés Bjarne Henning Nielsen, conservador do Museo Vesthimmerlands, está convencido de que localizou a tumba de Ulf ‘O Galego’, coñecido en danés como Ulv Galiciefarer, un caudillo viquingo que atacou e saqueou Galicia no século XI, durante o reinado de Bermudo III (1028-1037) ou de Fernado I (1037-1065). Ulf era de familia nobre, pois foi o bisavó de Valdemar o Grande, o rei de Dinamarca entre 1157 e 1182. “A tumba formaba parte, con toda probabilidade, duns terreos que Valdemar o Grande herdou do seu pai, quen á súa vez os herdou dos seus antepasados, incluído Ulf ‘O Galego'”, explicou Henning Nielsen a National Geographic, que dedica unha reportaxe especial ao novo achado. “Sei que todo isto é moi complicado, pero creo que teño razón”, asevera o investigador.

Publicidade

A tumba pertence sen dúbida a un guerreiro viquingo, pois en 1951 se tiña escavado por primeira vez por mor dunhas obras nunha estrada e xa se atoparan varios obxectos: unha espada, dous estribos de cobre para cabalgar, outros aparellos para montar dacabalo e incrustacións de prata. A escavación realizouse de xeito precipitado e a tumba foi cuberta de novo con terra ata que foi redescuberta anos despois polo Museo Vesthimmerlands. Nestes novos traballos foron atopadas 24 tumbas máis, a maior parte delas opulentas e tamén pertencentes á era viquinga.

A tumba conserva a espada do xefe viquingo Ulv Galiciefarer

“Descubrimos que o guerreiro viquingo foi enterrado nunha estrutura funeraria feita de madeira, xunto coa súa espada, os seus estribos, e algúns ósos procedentes das patas dianteiras dun leitón. Na base da tumba tamén se descubriu unha peza da espada, duns dez centímetros de longo, o que significa que a arma era máis longa do que se cría”, comenta o arqueólogo. A estrutura de madeira e unha inscrición parcial na espada indican unha data algo posterior ao ano 1000″, conclúe.

Ulf ou Ulv ‘O Galego’ aparece na saga Knýtlinga, unha das principais fontes sobre a súa vida. Nela cóntase que partiu “bravamente coa súa hoste para conquistar Jakobsland” (a terra de Santiago de Compostela). Algunhas lendas contan que serviu como mercenario para o conde galego Rodrigo de Romariz, no asalto do castelo de Labio, preto de Lugo, durante as revoltas contra Vermudo III. Ulv tamén axudou a Romariz contra uns mercenarios vascos, conseguindo a vitoria. Os saqueos continuaron até que Ulv foi expulsado polas tropas de Cresconio, pero non antes de facer pillaxes nas comunidades monásticas de Redondela e nas illas de San Simón, Cíes e Toralla. Despois da súa expulsión, os ataques viquingos en Galicia caeron fortemente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Praga de moscas en 21 concellos galegos: as causas dunha invasión que vén para quedar

As variacións bruscas de temperatura e o cambio climático son factores que inflúen na multiplicación dos insectos

Unha viaxe ao pasado de Galicia: 4.000 anos de historia nun mapa interactivo

Chronas é unha ferramenta web con máis de 50 millóns de puntos de datos que abranguen dende o 2000 a. C.

Médicos galegos diagnostican un raro caso de apendicite esquerda

É unha patoloxía pouco frecuente que tan só se dá en 1 de cada 500 nacementos e débese a unha malformación intestinal

Galicia rexistra máis de 100 raios en apenas 24 horas

A maior concentración de descargas eléctricas durante o 1 de maio produciuse en Vilagarcía de Arousa, sobre todo na franxa do mediodía