Venres 26 Abril 2024

Cinco xoias naturais galegas afectadas polo lume destes días

A vaga de incendios que afectou a Galicia na última semana devorou milleiros de hectáreas. De eucalipto e piñeiro, preto das aldeas, vilas e cidades, e en grandes extensións despoboadas de monte. E tampouco se salvaron do desastre varias das principais xoias naturais galegas, santuarios de fauna e flora autóctona. Estas son cinco das paraxes que resultaron notablemente afectadas:

Ancares

Vista da serra de Ancares. Foto: David V.A. / CC BY-SA 2.0.
Vista da serra de Ancares. Foto: David V.A. / CC BY-SA 2.0.

Por extensión e pola riqueza da flora da zona, é probablemente o incendio máis grave para a natureza autóctona dos que se teñen producido estes días. Non en tanto, gran parte da serra está sometida a varias figuras de protección (Reserva da Biosfera, LIC, ZEC, ZEPA ou ZEPVN, Reserva Nacional de Caza ou Zona de Protección do Oso Pardo). Desde que comezou, o pasado venres, o lume do concello de Cervantes reavivouse de forma voraz en varias ocasións, e non puido ser controlado ata a noite do martes ao mércores, afectando a unha parte importante da zona clave de conservación.

Publicidade

O Courel

Serra do Courel. Foto: R. Pan.
Serra do Courel. Foto: R. Pan.

A serra lucense, que alberga bosques autóctonos únicos, como a Devesa da Rogueira (aínda que este lugar salvouse), ardeu días antes da vaga de lumes do domingo. Desde o mércores 11 ata o sábado 14 calcináronse 150 hectáreas na parroquia de Meiraos, ás que hai que engadir 35 hectáreas na mesma parroquia no mes de agosto, e outras 67 hectáreas en Seoane a finais do mes de abril; sempre segundo os datos de Medio Rural.

Serra do Xurés

Río Barcia, tamén chamado Castro Laboreiro, en Olelas (Entrimo) na serra do Xurés. Foto: R. Pan.
Río Barcia, tamén chamado Castro Laboreiro, en Olelas (Entrimo) na serra do Xurés. Foto: R. Pan.

Aínda sendo Reserva da Biosfera, Parque Natural (Nacional no caso da parte portuguesa) e unha riquísima fonte de flora e fauna, o lume arrasa sistemáticamente a zona. Despois das máis de 4.000 hectáreas queimadas o ano pasado, no que se produciron incendios de grandes dimensións, os tres concellos nos que se enmarca a zona protexida, Entrimo, Lobios e Muíños, arderon de novo de forma masiva.

– Macizo Central de Ourense

Bidueiral de Montederramo. Imaxe: turismo.gal.
Bidueiral de Montederramo. Imaxe: turismo.gal.

Un LIC (Lugar de Importancia Comunitaria), dentro da Rede Natura, e unha das zonas con menor pegada humana de Galicia. A maior parte dos concellos do macizo (Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda ou Montederramo) sufriron lumes de tamaño considerable na última semana. O emblemático bidueiral de Montederramo tamén resultou danado.

– Pena Veidosa

Mosteiro de Oseira, evacuado polas lapas, e situado a carón de Pena Veidosa. Foto: Andrea / CC BY-SA 2.0.
Mosteiro de Oseira, evacuado polas lapas, e situado a carón de Pena Veidosa. Foto: Andrea / CC BY-SA 2.0.

Este espazo protexido de 2.300 hectáreas, declarado como LIC en 2004 e como Zona Especial de Conservación en 2014, sitúase entre os concellos de Carballedo e San Cristovo de Cea. O mosteiro de Oseira, a carón deste espazo, tivo que ser evacuado. Na zona abunda unha rica flora de queirogais, carballeiras e soutos, amais dunha importante poboación de aves, mamíferos e anfibios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses