GCiencia supera os dous millóns de páxinas vistas cada mes.

GCiencia supera os dous millóns de páxinas vistas cada mes.

GCiencia supera os dous millóns de visitas mensuais

O portal da ciencia galega rompe o seu récord en outubro con 2,2 millóns de páxinas vistas e 363.000 usuarios únicos

GCiencia cumpre este sábado catro anos de existencia, e faino batendo as súas mellores marcas. O portal da ciencia galega rexistrou en outubro case 2,2 millóns de visitas procedentes dun total de 363.493 visitantes únicos, o que o sitúa entre os cinco medios máis relevantes de Galicia na internet, o primeiro nativo dixital e o principal en idioma galego. Todo iso, cunha filosofía divulgativa consistente en achegar a ciencia e a tecnoloxía ao conxunto da sociedade de Galicia coas ferramentas tradicionais do xornalismo.

Trafico alta

Con ese obxectivo naceu  gciencia.gal o 25 de novembro de 2013, da man un equipo de profesionais da información desexosos de poñer en valor a ciencia que se desenvolve en Galicia. Pero máis que un medio especializado,  GCiencia é unha plataforma aberta a todo tipo de contidos de interese social que xa rivaliza en impacto cos medios xeralistas tradicionais, como o demostran as últimas cifras certificadas por  AwStats e a compañía de aloxamento de  gciencia.gal e corroboradas por Google  Analytics.  ComScore, o medidor de referencia do mercado, tamén sitúa a  GCiencia ao longo de 2017 como o nativo dixital galego de maior tráfico.

Os datos certificados por  AwStats, reputada ferramenta de código aberto para a xeración de análise web, sinalan que GCiencia marcou o seu récord histórico de tráfico o pasado de outubro, consolidando unha tendencia de crecemento espectacular nos últimos 12 meses. En total foron 2.188.386 as páxinas vistas nese mes, cun total de 678.451 visitas e 363.493 usuarios únicos. Ao longo do últimos sete meses,  GCiencia experimentou un tráfico medio similar.

EvolucionFB alta

De acordo cos termos empregados por  AwStats, visitantes únicos indica o número de usuarios diferentes que entran en  GCiencia, o que ofrece unha medida moi real das persoas que seguen os contidos do portal da ciencia galega. Cada usuario accede de media 1,7 veces á web para entrar nun total de 2,18 millóns de contidos, cunha media de 3,22 páxinas por visita, un  dato que revela unha elevada identificación entre os usuarios e  gciencia. gal.

AlcanceMedio alta

Todos estes números sitúan a  GCiencia entre os cinco medios con máis tráfico en Galicia, incluídos os xeralistas con versión en papel, despois de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña e O Correo Galego. De acordo coas cifras de  Analytics, o público de  GCiencia está composto nun 51,90% por mulleres e nun 53,02% por persoas de entre 25 e 44 anos. Unha terceira parte dos usuarios de  GCiencia (32,18%) está na franxa de idade de entre 35 e 44 anos.  Trátase dun público variado, na súa maioría sen vinculación profesional directa cos ámbitos científico, investigador ou universitario, pero interesado en todos eles.

Os Dixitais alta

O portal da ciencia galega tamén é un fenómeno en redes sociais, con máis de 43.000 seguidores en Facebook –que case duplican aos de calquera outro nativo dixital– e cun alcance medio de 2,7 millóns de persoas e 354.000 reaccións ao mes. Grazas ao seu crecemento de case 20.000 seguidores en 2017,  GCiencia é na actualidade o quinto medio galego en Facebook, só por detrás de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Correo Gallego e con practicamente os mesmos seguidores que La Opinión de A Coruña.

A comunidade de  GCiencia é ademais extremadamente participativa en Facebook. Cada contido compartido por  gciencia.gal ten de media un alcance de 16.140 persoas, con 723  clics na publicación e 408 reaccións (gústame, comentarios, etcétera). No caso dos vídeos, as cifras dispáranse a 84.081 persoas de alcance, 3.591  clics e 2.463 reaccións. Conta ademais con máis de 10.000  followers noutras redes como Twitter,  Instagram e Google+.

GCiencia conta na actualidade con tres xornalistas traballando na súa redacción en Vigo e unha ducia de colaboradores estables. É unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas  S. L., editorial creada por profesionais da información e que organiza eventos como os premios Contar a Ciencia de Comunicación Científica Universitaria e o Galicia  Spin-off ás mellores iniciativas empresariais xurdidas desde as universidades galegas. Ciencia  Galega edita ademais o Anuario da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias.

Perfil alta

GCiencia, medio colaborador da  FECYT (Ministerio de Economía, Industria y Competitividad), mereceu o recoñecemento do proxecto  Iprox do Colexio de Xornalistas de Galicia en 2013 e o Premio de Xornalismo Dixital do Foro da Comunicación de Galicia de 2015, ademais do Premio Galicia de Xornalismo Científico 2017, obtido por unha información publicada no portal da ciencia galega. Tamén foi finalista do premio do público do festival de industrias culturais Culturgal en 2016.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.