Ondas cadradas na illa de Ré.

Ondas cadradas na illa de Ré.

Ondas cadradas?

A illa de Ré, no Cantábrico, amosa un espectacular fenómeno de mar cruzado formando cuadrículas

A illa de Ré está no Mar cantábrico. Ten uns trinta quilómetros de lonxitude por cinco de ancho, cunha superficie de oitenta e cinco quilómetros cadrados, e practicamente chaira. “Debido á proximidade da Rochelle, disputárona franceses e ingleses. Na II Guerra Mundial foi fortificada polos alemáns con búnkeres  do seu famoso Muro Atlántico que aínda se conservan (alí rodaron parte da película ‘O día máis longo’, sobre o desembarco aliado en Normandía); así mesmo tamén serviu como prisión na segunda metade do século XVII.” Ademais esconde uns dos fenómenos naturais máis estraños do mundo. Cal é?

As súas ondas son cadradas.

A explicación é bastante sinxela: Son ondas normais que forman sobre a superficie do mar unha cuadrícula, coma se fora un taboleiro de xadrez.

É o que se coñece en navegación como “mar cruzado”, ”mar a dúas bandas ou “cruz do mar. “É o estado do mar no cal dous sistemas de ondas  viaxan en ángulos oblicuos. Esta situación pode ocorrer cando as ondas producidas nun pusto afastado (mar de fondo), polo vento ou unha depresión, continúan viaxando a pesar dos cambios de vento que atopan na súa traxectoria. As ondas xeradas por un sistema de vento novo ou local crúzanse coas antigas ou afastadas creando un patrón cambiante e perigoso. O fenómeno continúa ata que as ondas antigas se disipan.” Unha grande porcentaxe de accidentes navais danse cando se produce este fenómeno.

Como dato curioso, moitas persoas soben ao faro da illa, construído en 1854, para observar este fenómeno incrible. Aínda que as ondas cadradas son fermosas, son bastante perigosas; recoméndase á xente non nadar no devandito lugar.”

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.