Lanzamento do foguete chinés Larga Marcha-7 o pasado 25 de Xullo.

Lanzamento do foguete chinés Larga Marcha-7 o pasado 25 de Xullo.

Un propulsor auxiliar cae á Terra

Créditos do vídeo e copyright: Matthew Holt

Explicación: que está a cruzar o ceo? Aínda que se parecía un pouco a un gran meteoro,realmente era o propulsor dun foguete chinés de volta á Terra tralo seu despegue dous días antes. Na noite do 27 de xullo, o compoñente do foguete queceu e escachou en pezas brillantes cando re-entraba na atmosfera da Terra. O camiño do propulsor que caía pasou por varios estados dos EUA, movéndose de oeste a leste, desde California ata Utah. Normalmente os refugallos espaciais poden distinguirse dos meteoros pola súa velocidade lenta e un estoupido expansivo. O vídeo publicado tomouse diante da biblioteca de Provo City en Utah, que casualmente estaba ocupada por unhas 100 persoas; moitas con teléfonos intelixentes xa fóra dos seus petos para xogar ao Pokémon GO.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.