Xoves 23 Maio 2024

Dúas estudantes da USC gañan o Campionato Mundial de Debate Universitario

O equipo do Club de Debate Compostela,  integrado pola ourensá Aida González, estudante de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, e a pontevedresa Atenea Luana Martínez, estudante de Dereito da mesma Universidade, foi o gañador do Campionato Mundial de Debate en Español (CMUDE) celebrado en Córdoba, a partir do 24 de xullo. Foi a primeira vez que un equipo de universitarios do Estado Español gaña este Campionato.

A presenza de equipos galegos foi notable ao longo de todo o torneo, chegando a clasificarse para as últimas roldas tres dos 9 equipos da delegación galega, de entre os máis de 100 equipos chegados de todo o mundo, Manuel Fernández e Paula Rodríguez (do Club Debate Compostela), Iván Olmos e Adrián Lijó, e as ganadoras, Aida González e Atenea Luana Martínez. Todos eles membros e ex-membros do Club Debate Compostela e da USC.

Publicidade

O CMUDE é a maior competición de debate en fala hispana

Este Campionato Mundial Universitario de Debate tivo lugar os días 24 de xullo a 1 de agosto de 2016. Naceu en 2011 como a versión hispanofalante do `World Unviersities Debate Championship´ anglosaxón, con máis de 40 anos de andadura. Deste xeito, o CMUDE é a maior e máis importante competición de debate en fala hispana, enfocada desde, por e para os estudantes universitarios, e ten lugar anualmente cada verán nunha Universidade.

O formato da competición é o chamado British Parliament (BP) ou formato parlamentario, no que en cada debate participan catro equipos exercendo dous deles os roles de goberno e os outros dous os roles de oposición, para argumentar sobre unha moción dada quince minutos antes de que comece o debate.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres estudantes da USC, subcampións de España de debate entre universitarios

David Gómez, Lidia Lareo e Pedro Martínez pertencen ao Club de Debate Compostela

Vía Láctea sobre o observatorio

Explicación: que son esas manchas de luz do ceo? Primeiro, a...