Sábado 27 Abril 2024

Regreso no mencer

nave espacial Soyuz
Créditos da imaxe: NASA, Bill Ingalls.

Explicación: o xoves, pouco despois do mencer local sobre a Asia central, esta nave espacial Soyuz flotaba sobre un mar de nubes douradas durante o seu descenso en paracaídas ao traverso da densa atmosfera da Terra. A bordo estaban o comandante Barry Wilmore da NASA e Alexander Samokutyaev e Elena Serova da Axencia Espacial da Federación Rusa (Roscosmos). A aterraxe foi aproximadamente ás 10:07 p.m. EDT (8:07 a.m. do 12 de marzo, na hora casaca) ao surleste de Zhezkazgan, (Casaquistán). Os tres estaban a voltar desde a órbita baixa da Terra, despois de case seis meses na Estación Espacial Internacional coma membros das tripulacións das expedicións 41 e 42.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural