Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst..

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst..

Postais desde Sputnik Planum

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst..

Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst..

Explicación: están comezando a chegar novas imaxes de alta resolución de Plutón desde o máis exterior do noso Sistema Solar. A nave espacial automática New Horizons, que  pasou a fume de carozo por Plutón en xullo, rematou de enviar algúns datos de enxeñería necesarios e está agora a transmitir escolmas do seu enorme almacén de fotografías de Plutón e as súas lúas. A imaxe publicada, unha composición dixital, detalla un terreo abraiante cheo de cráteres, chairas e paisaxes de carácter descoñecido, así como accidentes xeográficos que lembran a cousas da Terra pero son bastante inesperados en Plutón. A area clara que se espalla pola parte superior dereita alcumouse Sputnik Planum e está a ser estudada polas súa estraña suavidade, mentres que a área escura con cráteres xusto por baixo da nave coñécese coma Cthulhu Regio. Ata o de agora, a New Horizons só compartiu unha pequena porcentaxe das fotografías e datos que tirou durante o seu sobrevoo de Plutón, pero continuará a enviar novas vistas do planeta anano incluso mentres se afasta paseniñamente cara exploración aínda máis afastadas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.