Sábado 27 Abril 2024

O cráter Odiseo en Tetis

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: algunhas lúas non sobrevirían a esta colisión. Tetis, unha das lúas máis grandes de Saturno cuns 1.000 quilómetros de diámetro, sobreviviu á colisión, pero hoxe aínda amosa como resultado o gran cráter de impacto Odiseo. Chamado ás veces a Gran Badía, Odiseo atópase no hemisferio dianteiro de Tethys e amosa a súa grande idade pola cantidade relativa de cráteres máis pequenos que hai no interior das súas paredes moi altas. A densidade de Tetis é semellante á auga conxelada. A imaxe publicada captouse en novembro pola nave espacial automática Cassini en órbita mentres sobrevoaba a bola xigante de xeo. A Cassini vén de comezar a súa Xira de Gran Final que a levará ao interior dos aneis de Saturno e culminará en setembro cun mergullo na grosa atmosfera de planeta xigante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón