Venres 26 Abril 2024

O Cisne: burbulla e crecente

Créditos da imaxe e copyright: Ivan Eder
Créditos da imaxe e copyright: Ivan Eder

Explicación: estas nubes de gas e po vagan ao través de richos eidos estelares ao longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea cara a constelación de altos voos Cygnus. Dentro do campo telescópico de vista capturouse á Burbulla de Xabrón (abaixo esquerda) maila Nebulosa do Crecente (arriba dereita). Ámbalas dúas formáronse nunha fase final da vida dunha estrela. O Crecente, tamén coñecido coma NGC 6888, colleu forma mentres a súa brillante e masiva estrela central WR 136, de tipo Wolf-Rayet, sementaba a súa envoltura máis exterior nun potente vento estelar. Queimando combustible a unha velocidade prodixiosa, WR 136 está preto do final dunha vida curta que debería rematar nunha espectacular explosión de supernova. A recentemente descuberta nebulosa Burbulla de Xabrón é probablemente unha nebulosa planetaria, a mortalla final dunha estrela de tipo solar, de menor masa y longa vida, destinada a converterse nunha anana branca que se arrefría paseniñamente. Mentres ambas están a uns 5.000 anos luz de distancia, a máis grande nebulosa do Crecente ten uns 25 anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón