Venres 26 Abril 2024

Nubes, paxaros, Lúa e Venus

Créditos da imaxe e copyright: Isaac Gutiérrez Pascual
Créditos da imaxe e copyright: Isaac Gutiérrez Pascual

Explicación: ás veces o ceo convértese nun auténtico espectáculo por riba nosa. Así, a comezos de setembro de 2010, a Lúa e Venus converxían, creando unha excelente visión de si mesmos para os afeccionados ao ceo de todo o mundo. Aínda que nalgures o ceo era incluso máis pintoresco. Na imaxe publicada, que se tirou en España, unha Lúa crecente e o planeta Venus, na parte dereita, foron capturados durante o solpor posando contra un ceo azul escuro. No primeiro plano, as escuras nubes de tormenta ameazan cruzar na parte baixa da imaxe, mentres que un cumulonimbus aparece por riba. Pintas negras zarrapican a imaxe, provocadas por unha bandada de paxaros en voo. Porén, nada máis tirar esta fotografía os paxaros marcharon, a tormenta rematou e Venus maila Lúa se puxeron. O brillante Venus pode verse de novo tralo solpor neste mes (marzo de 2018) e aparecerá bastante preto de Mercurio pola noite e no resto da semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150