Venres 26 Abril 2024

A nebulosa Tarántula

Créditos da imaxe e copyright: Ignacio Díaz Bobillo
Créditos da imaxe e copyright: Ignacio Díaz Bobillo

Explicación: a nebulosa Tarántula, unha rexión de formación estelar xigante dentro da achegada galaxia satélite da Gran Nube de Magallanes, ten máis dun milleiro de anos luz de diámetro e está a uns 180 milleiros de anos luz de distancia. O arácnido cósmico, a rexión de violenta formación estelar máis grande e violenta coñecida en todo o Grupo Local de Galaxias, espállase por esta espectacular vista composta con datos de banda estreita centrados na emisión dos átomos de osíxeno e hidróxeno ionizados. Dentro da Tarántula (NGC 2070) a radiación intensa, os ventos estelares e as ondas de choque das supernova procedentes das estrelas masivas do novo cúmulo central, catalogado coma R136, irradian o brillo nebular e danlle forma aos filamentos da arañeira. Ao redor da Tarántula hai outras rexións de formación estelar con cúmulos de estrelas novas, filamentos e nubes inchadas con forma de burbulla. De feito, o recadro inclúe o lugar da supernova máis achegada da época moderna, SN 1987A, no extremo interior dereito. O rico campo de vista abarca un 1 grao ou 2 lúas cheas, na meridional constelación Dorado. Pero se a nebulosa Tarántula estivera máis preto, digamos a 1 500 anos luz de distancia coma a local nebulosa de Orión, que está a formar estrelas, ocuparía a metade do ceo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón