Venres 26 Abril 2024

Eclipse lunar no lago Waterton

Créditos da imaxe e copyright: Yuichi Takasaka / TWAN / www.blue-moon.ca
Créditos da imaxe e copyright: Yuichi Takasaka / TWAN / www.blue-moon.ca

Explicación: esta secuencia da eclipse lunar total, gravada en abril de 2014, mira ao sur do xeado lago Waterton desde o  Parque Nacional Waterton Lakes en Alberta (Canadá), planeta Terra. A maior parte do horizonte afastado inclúe os cumios do Parque Nacional Glacier (EUA). Unha exposición cada 10 minutos captou a posición da Lúa e a fase de eclipse, mentres se arqueaba de esquerda a dereita, por riba do abrupta liña do ceo e as luces da cidade de Waterton. De feito, a secuencia mide efectivamente uns 80 minutos de duración da fase total da eclipse. Ao redor do ano 270 a. C., o astrónomo grego Aristarco mediu tamén a duración das eclipses lunares; aínda que probablemente sen o beneficio de cámaras e reloxos dixitais. Aínda así, usando a xeometría, concibiu un xeito sinxelo e impresionantemente preciso de calcular a distancia á Lúa, en función do radio do planeta Terra, a partires da duración da eclipse. Esta secuencia de eclipse moderna tamén perfila as posicións sucesivas de Marte por riba e á dereita da Lúa, coa brillante estrela Spica preto do disco lunar avermellado e con Saturno á esquerda e abaixo.
E, aínda que esta foto non corresponde á eclipse da madrugada do luns, neste enlace hai toda unha galería de fotos tomadas por astrónomos en todo o mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada