Venres 26 Abril 2024

Árbore de lúa azul

Créditos da imaxe e copyright: Eric Houck
Créditos da imaxe e copyright: Eric Houck

Explicación: ocorre un aliñamento coma este só durante unha lúa azul? Non, aínda que foi durante unha lúa azul cando se tirou esta instantánea dun só disparo. Durante unha lúa chea que resultou ser a segunda co mes, a situación que defina unha lúa azul, o fotógrafo creou a xustaposición a finais de xaneiro movéndo rapidamente polo contorno ata atopar o lugar xusto para conseguir a Lúa de fondo superposta por gtras do arco dunha árbore en primeiro plano. Por desgraza, nesta caso semellaba que non había outro xeito que empantanándose na lama e pousando a cámara nun valado con aramio de espiño. O arco do carballo fora creado por vacas famentas de Knight’s Ferry (CaliforniaEUA). Poden crearse superposicións Lúa-árbore coma esta durante calquera lúa chea, tendo planificación e tempo abondo. Xurdirá outra oportunidade esta fin de semana, coincidindo ademais con outra lúa azul. Entón, a segunda lúa azul de 2018 ocorrerá, o que significa que por segundo mes este ano haberá dúas lúas cheas nun só mes (N.T.: xogos de palabras en inglés entre lúa, moon, e mes, month; moon-th). Os anos con dúas lúas azuies son relativamente raros, sendo o anterior en 1999 e o vindeiro en 2037.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150