Explicación: Destino: Plutón. A sonda espacial New Horizons ruxía desde a súa plataforma de lanzamento en Cabo Canaveral en Florida, EUA en 2006 na procura de aventuras no afastado Sistema Solar. A nave é a máis rápida das naves espaciais nunca antes lanzada por humanos, pasando pola Lúa só nove horas despois do despegue, eXúpiter só un ano despois. Tras gastar case unha década cruzando o Sistema Solar, a New Horizons sobrevoará Plutón o martes. Plutón, oficialmente un planeta cando a New Horizons foi lanzada, nunca foi visitada por unha nave espacial ou fotografado de preto. Despois de Plutón, a so da espacial automática visitará un ou máis obxectos do Cinto de Kuiper orbitando ao Sol aínda máis lonxe ca Plutón. Na fotografía, a nave New Horizons despega cara o espazo na parte dianteira dun potente foguete Atlas V.