Unha viaxe á cara oculta da Lúa

A Lúa ten unha cara oculta, que nunca é visible dende a Terra, por mor da sincronización dos seu movemento de rotación e traslación. Isto acontece debido a que a Lúa tarda en rotar sobre si mesma o mesmo que o seu movemento de translación ao redor da Terra, o que provoca que o satélite lle presente sempre a mesma cara. Adóitase chamar a esta parte da lúa o seu “Lado Escuro” pero isto é incorrecto xa que non hai ningunha sección da Lúa que non reciba luz solar.

Este hemisferio estivo oculto á vista humana ata que a sonda automática soviética Luna 3 o fotografou por primeira vez o día 7 de outubro de 1959.

Publicidade

A cara oculta da Lúa é moito máis accidentada que a que podemos ver dende a Terra. Nese hemisferio non exixten grandes mares, agás o Moscoviense, o Orientale o Ingeniii, compartindo coa cara visible o Mare Australe.

Pero hai alí xigantescos cráteres ou circos lunares maiores que os do outro hemisferio, como é o caso do Apolo, que ten case 520 kms de diámetro. Como os soviéticos chegaron os primeiros a explorar a cara oculta da Lúa, a meirande parte dos accidentes xeográficos desta zona levan nomes de científicos e persoeiros rusos.

Publicidade

A cara oculta da Lúa.
A cara oculta da Lúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia Galega de Belas Artes insta á Xunta a recuperar os torques de Ansorena

As pezas de posible orixe castrexa recibiron unha oferta de 210.000 euros durante unha poxa, pero a venda anulouse

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Como de conectado está o teu concello? Descúbreo con esta ferramenta interactiva

O mapa de Strado puntúa os barrios europeos en función da súa accesibilidade a servizos da vida diaria e social

Yolanda Prezado: “O Centro de Protonterapia situará Galicia nunha situación privilexiada para investigar”

A física galega, premiada co Wonenburger 2026, consolidou a súa traxectoria en Francia e regresou en 2024 a Galicia para crear escola no eido da radiobioloxía