Captan os espectaculares cambios de cor dun polbo cando durme

Un documental do biólogo mariño David Scheel capta esta abraiante secuencia do cefalópodo que semella estar 'soñando'

Este pequeno clip do documental Octopus: Making Contact amosa unha secuencia onde un cefalópodo durmido boca abaixo cambia de cor varias veces. E o seu director, o biólogo mariño David Scheel, pregúntase: ‘Estará a soñar?’

O documental acompaña a Scheel e a súa “mascota” Heidi, o polbo, para retratar a súa capacidade para resolver enigmas, usar ferramentas e escapar a través de espazos pequenos.

Pero… está a soñar este polbo? “Todo depende da túa definición de soñar”, aseguraba Hugo Spiers, psicólogo experimental do University College de Londres, a National Geographic tras un estudo publicado en 2012na revista PLoS ONE. Neste traballo as sepias manifestaban un estado semellante ao soño, acompañado de cambios de cor, contraccións e movementos oculares rápidos.

Os polbos son moi intelixentes. Amosan creatividade, pero non cumpren con outras marcas de habilidade mental observadas noutras especies. Tamén existen numerosos estudos que demostran que teñen capacidades cognitivas.

Sobre os seus cambios de cor, son causados ​​polos cromatóforos do animal, que son células pigmentarias especializadas que se expanden ou contraen para alterar as cores e os patróns do seu corpo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.