Venres 26 Abril 2024

Este é o risco de comer nun bufete en tempos de coronavirus

Un experimento da televisión xaponesa amosa a facilidade coa que nos podemos infectar se non se toman as medidas de hixiene axeitadas

Un grupo de 10 persoas chega a un bufete de autoservizo para comer. Supoñamos que un deles está infectado polo SARS-CoV-2, ou calquera outro patóxeno con capacidade de contaxiar a outras persoas. Que vai pasar?

A televisión xaponesa NHK expuxo a situación nunha peza informativa na que se fai patente o risco deste tipo de instalacións en tempos de coronavirus. E, deste xeito, pon de manifesto a necesidade de seguir as precisas medidas de hixiene para evitar a propagación dun virus que demostrou unha gran capacidade de contaxio.

Publicidade

Como por agora é moi complicado seguir a simple vista a circulación do virus, o que fixo o experimento da NHK no bufete foi poñer nas mans dun dos comensais un pouco de pintura fluorescente. Despois de que cada unha das persoas acudira a servirse e comezaran a comer, a luz apagouse aos 30 minutos, e activouse unha luz que permitía ver como se propagara a pintura que, nun principio, só estaba nas mans dun dos comensais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia